O I Festival 2 Mares é unha iniciativa da Casa de Asturias e a Associació d’Amics da Gaita de Valencia que busca a fusión entre as riquezas culturais de dúas beiras, a cantábrica e a mediterránea, que aglutinan importantes exemplos da riqueza cultural dun país que na actualidade loita por converterse en modelo de referencia en canto a avances sociais. Desde esta perspectiva, o traballar na integración de realidades culturais diferentes é unha das máis importantes tarefas na construción de novos marcos de convivencia.
Desde a experiencia da migración interior mobilizada pola procura de máis amplos horizontes e do exercicio de integración representado pola Casa de Asturias e a Associació d’Amics da Gaita de Valencia xorde o I Festival 2 Mares. Este festival pensouse desde a conciencia da pervivencia, no imaxinario colectivo dos lugares que foron históricamente punto de acolleita dos fluxos migratorios cantábricos, da idea de persoas traballadoras pouco preocupadas pola súa integración nos novos contextos sociais, senón máis ben como tendentes a agrupase basicamente entre os que comparten unha raiz común ao redor do mitificado sentimento de morriña. Con todo, a forte impronta da festa popular nas culturas de ambas beiras facilita a procura dun encontro baseado na alegría de compartir unha tradición festiva.
É a intención deste I Festival 2 Mares romper coa imaxe tinguida de nostalxia para, a partir das diferentes experiencias de movilidade e integración construír un proxecto de difusión dunha raiz cultural mixturada entre aqueles que chegan e quen os reciben, como ensaio dunha estratexia lúdica de traballo que busca a apertura cara a todos os que compartimos un mesmo espazo de convivencia.