Dentro do universo da música tradicional a elaboración dos instrumentos é un elemento fundamental á hora de alcanzar as sonoridades buscadas polos diferentes artistas. A diversidade de formulacións musicais esixe que cada instrumento estea construído específicamente para alcanzar os resultados perseguidos facendo do labor do artesan a base imprescindible tanto para a conservación como a renovación da música tradicional.
Con motivo deste festival teremos ocasión de contar coa presenza de dous relevantes artesans galegos que poñerán a disposición de todo aquel interesado tanto os seus coñecementos como o froito do seu traballo.
Artesana formada na Universidade Popular de Vigo da man de Antón Corral, considerado o mellor artesán de gaitas vivo en Galicia e de cuxas mans naceron os instrumentos de xente como Budiño, Anxo Pintos ou Carlos Núñez. Leva traballando cinco anos dende que rematou a súa formación seguindo respetuosamente os pasos do seu mestre. Con todo, isto non impide que froito das experiencia propias do proceso de traballo a súa labor vaia enriquecéndose cos diferentes achados que conleva todo traballo artesanal.
Consciente da tradición artesanal na que se posiciona fuxe dos procesos industrializados adecuando cada unha das pezas ás necesidades daqueles que as utilizarán, equilibrando xustamente o prezo á calidade do seu produto. www.patriciacela.com
Este é un artesan que basea o seu traballo na curiosidade por todo tipo de instrumentos. Consecuencia diso é o seu labor de investigación sobre instrumentos antigos interesándose por artes xa en desuso que el recupera e adapta coas técnicas actuais. Pensa o seu traballo dende un concepto de mellora e perfeccionamiento contínuo facendo de cada instrumento que aborda un proxecto único que adaptase á personalidade e necesidades de cada un dos seus clientes.