O I Festival 2 Mares xurde grazas ó empeño da Casa de Asturias e a Associació d’Amics da Gaita de Valencia. A Casa de Asturias en Valencia iniciou a súa actividade no ano 2003, sendo recoñecida a súa Asturianía polo Consello de Goberno do Principado no ano 2005. O mesmo ano en que comeza a súa andadura como asociación a Associació d’Amics da Gaita establecéndose dende o inicio unha forte complicidade entre ambos colectivos da que xurden diferentes colaboracións.
Nas dúas asociacións atopamos tanto persoas que coñecen a experiencia da movilidade, ben directamente ou xa mediada pola distancia dunha ou dúas xeracións, como outras movidas polo interese de expresións culturais chegadas doutros lugares e que a experiencia da movilidade pon ó seu alcance.
A Casa de Asturias en Valencia caracterízase pola súa vocación de difusión da cultura asturiana dende unha perspectiva aperturista, a Associació d’Amics da Gaita busca ser o punto de encontro para toda aquela xente que goza da música de raiz cantábrica ou atlántica pero establecendo vínculos coa propia cultura do levante onde se atopa, e en ambos casos, búscase a construción dunha plataforma de apoio e divulgación para todas as iniciativas que contribúan á construción dun marco de convivencia máis amplo mediante o coñecemento dos que integramos esta sociedade.
Dirección festival: Pablo Arce
Identidade e comunicación: martiño, cultura gráfica
Xestión de contidos: Alberto Mera
Prensa: Amparo Cantin
Presidenta Casa de Asturias: Carmen Revuelta
Presidenta Amics de la Gaita: Ana Caamaño